17/10/2025
Lembramos que este sábado o concello de Dodro organiza a partir das 11 da mañá a Carreira Pedestre de Lestrobe 2025 na Rúa Fortunato Cruces (Lestrobe).
Lembrade que a estrada será cortada desde as 10 da mañá ata a unha e media, 13.30. Colaborade cos comisarios da proba e os voluntarios para facilitar a súa celebración.
Esta carreira é unha proba oficial da FGA e pertence ó XI Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña e terá o control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA (Delegación de Santiago). 🏃♂️ 🏃♂️ 🏃♂️
Este temos novidades no trazado e as distancias. 🏃♂️
Na proba absoluta o percorrido será todo en superficie asfaltada para non manchar as zapatillas e coa posibilidade de realizar 4K (1 volta) ou 8K (2 voltas). 🏃🏽♀️
Tamén se modifica o sentido da marcha para eliminar a subida do Piñón que tantos crebacabezas lles daba @s atletas. 🏃♀️
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies