Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

21/10/2025

O concello de Dodro informa 🏛️

A reciclaxe é cada vez máis necesaria, separar os residuos que levamos ao contedor e non enchelos con restos que poden ser usados como compós. ♻️

Na imaxe que vos deixamos podedes ver un contedor que apareceu hoxe coa metade chea de restos de poda, uns residuos que son facilmente reciclables. Achégase ademais o tempo de poda polo que entre todos temos que previr estas actitudes. 🌳



Para facilitar a reciclase de esos restos de poda o concello habilitará proximamente uns lugares en cada parroquia ou aldea, para depositar eses restos, e o concello farase cargo deles. Comunicaremos por este mesmo medio os espazos habilitados.



A falta de reciclaxe é ademais un dos motivos da suba do taxa do lixo ao ter que asumir Sogama a queima de máis residuos dos que sería recomendable, a redución de residuos en orixe é unha das principais recomendacións da Unión Europea para un futuro máis sostible.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies