03/11/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
Os concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga poñen en marcha o Plan Integrado de Emprego 2025 – 2026, dirixido a persoas desempregadas con discapacidade, maiores de 52 anos ou menores de 30, que perciban prestacións, subsidios por desemprego, ou renda activa de inserción (RAI), así como a mulleres desempregadas. 🖥️
Hai un total de cen prazas dispoñibles en total cun compromiso de inserción do 37%. Formaranse en sectores como o de alimentación, fabricación metálica, téxtil, confección, comercio, márketing e loxística, administración e xestión, hostalería e turismo, actividades socio sanitarias e imaxe e son. 📚
Os participantes recibirán a formación necesaria ademais doutra transversal en informática e competencias dixitais. Realizarán ademais prácticas non laborais. Os cursos contarán tamén con medidas de conciliación.
Máis información e inscricións no concello de Dodro, Lugar Tallón 32; teléfono 981802062, 669949973.
@concellodepadron  @ConcelloDeRois @ConcellodeCatoira @concellodepontecesures  @ConcellodeValga
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies