Noticias e alertas

Ante as acusacións, por parte do grupo político Unidade Veciñal de Dodro, de favoritismo na concesión de licenzas o concello de ...

14/11/2025

Ante as acusacións, por parte do grupo político Unidade Veciñal de Dodro, de favoritismo na concesión de licenzas o concello de Dodro quere aclarar os seguintes puntos.



A empresa Matadero del Sar, S.L. ten solicitado nos últimos meses distintos permisos de obra con distintas finalidades. Todas as licencias seguiron as canles e os procedementos habituais e a empresa pagou os impostos e taxas correspondentes. Algunha destas solicitudes está aínda sen resolver.



Matadero del Sar S.L. foi acredor dunha subvención de 1.100.000,00 € da Xunta De Galicia, segundo consta no Diario Oficial de Galicia de data 14 de agosto de 2023. Esta mesma publicación recolle que a axuda concedida ten como finalidade “incentivar os investimentos para a transformación e comercialización de produtos agrarios”. Estes investimentos non teñen que ser, como pretende dar a entender UVD, unha única obra e poden incluír a compra de maquinaria, mobiliario ou outro tipo de bens non suxeitos a canons municipais. E convinte ler adecuadamente as resolucións de axudas e entendelas.



A propia natureza da axuda obriga a unha transparencia absoluta, unha contabilidade específica que reflicta unicamente o uso dos fondos e a presentación de toda a documentación precisa. Se parte dos fondos son destinados a unha obra, a empresa terá que presentar a licenza correspondente ou a solicitude da mesma.



Dende o goberno de Dodro queremos destacar que o investimento total da empresa Matadero del Sar SL en Dodro pretende alcanzar os 3.728.407,83 € polo que é de destacar que a parte privada é moi superior á pública.



Emprazamos á Unidade Veciñal de Dodro a que non siga o camiño doutros grupos e se informe antes de publicar bulos que prexudican, máis ca ao grupo político que goberna, ao concello e a imaxe de rigor que calquera institución pública debe ter.



Tódalas empresas, tódolos grupos políticos e tódolos procesos poden ser criticados desde a sociedade e desde os seus representantes no concello. Esa crítica ten que ser feita coa verdade por diante, o populismo na política non ten cabida.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies