22/11/2025
O concello de Dodro leva todo o mes conmemorando de distintas formas o 25N, Día Internacional Da Eliminación da Violencia contra a muller.
Hoxe tivo lugar unha andaina polo Xardín dos Valores, un percorrido circular na contorna do concello.
O Xardín dos Valores representa en pequenas placas os valores que debemos seguir para defender a muller e loitar contra a violencia. Prevención, equidade, liberdade, igualdade, empoderamento, xustiza, seguridade, fortaleza. Un xardín no que ano a ano iranse plantando árbores para que a loite non pare.
Como remate de estas actividades o vindeiro 25N terá lugar un acto institucional no concello ás doce do mediodía. O concello de Dodro súmase ao comunicado emitido en conmemoración de esta data pola FEGAMP, comunicado que será lido en dito acto.

Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies