Noticias e alertas

Chega o Nadal e todo o mes o celebraremos con distintos eventos e actuacións

04/12/2025

Chega o Nadal e todo o mes o celebraremos con distintos eventos e actuacións. O vindeiros día 13 entregaremos o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e contaremos coa música de Minguante co espectáculo “Minguante canta poesía galega”, será no CPI de Dodro as cinco e media da tarde. 🤶🏻

O día 19 o reservamos para os contos e as lendas de Nadal. Un espectáculo titulado Kamishibai de Nadal. O Kamishibai é a técnica de contar historias creadas con papel. Juan Juste é o único artista en Galicia no teatro de papel. Unha función que non esqueceredes, vémonos na Casa da Cultura de Dodro as cinco e media da tarde. 🧑🏻‍🎄

O día 23 imos anticipar a Noiteboa cunha Algueirada de Nadal. Xurxo ten un problema moi especial , non sabe bailar así que entre todos teremos que ensinarlle e bailar con el. Unha proposta chea de humor e diversión, na que se mesturan bailes e acrobacias e que vai destinada ao público familiar. A cita no pavillón polideportivo ás cinco e media da tarde, ide anotando. 🎁

Para rematar o ano viaxaremos a Laponia con Teatro Calavera. Leila e Laila son dúas Elfas da Laponia que veñen a facer para toda a veciñanza unha gran Festa de Nadal, con música xogos e bailes para toda a familia. Un espectáculo cheo de humor, música, xogos e contos de Nadal que desfrutaremos o día 30 no pavillón de deportes as cinco e media da tarde.

Como vedes o Nadal en Dodro ven cheo de bos momentos, esperámosvos a todos para desfrutar xuntos de esta época do ano. 🎀



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies