11/12/2025
Coñecedes o Belén de Priscos? Pois agora tedes unha oportunidade.
Situado a 10 quilómetros da cidade portuguesa de Braga, está considerado o belén vivente máis grande de Europa. Máis de 600 figurantes dan vida, nunca mellor dito, á época de Xesús. 👨👩👧👦
O concello organiza unha viaxe na que ademais do belén visitaremos Braga e o Bon Xesús. Cun menú tradicional a base de bacallau en posta. Sairemos ás 8 da mañá do concello e o prezo é de 25 euros. 🚌
Este venres día 12 ábrese o prazo de inscrición que remata o día 16. A viaxe será o sábado 20 de decembro. Para anotarse hai que chamar 981802466, Departamento de Servizos Sociais, de 9 a 14 horas. ☎️
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies