12/12/2025
Desde o día 10 deste mes quedou instalado, por un mínimo de 35 días, o alumeado de Nadal neste concello de Dodro. 🎇
Alumeado que consta de 3 letreiros de Boas Festas nas entradas principais no municipio (Lestrobe, Pexegueiro e Bexo), 37 arcos en todas as aldeas (incluídas as máis pequenas como Susavila, Rialiño e Sar),1 estrela na fachada da Casa do Concello e 1 elemento tridimensional figurando unha árbore na praza do Concello. 🎊
Cabe indicar que ata o de agora ningún ano se acadou tal iluminación que abarca todo o municipio. Unha actuación sufragada integramente polas arcas municipais e que agardamos que a veciñanza quede satisfeita. 🎊
Convidamos a todos os que queiran, e podan, a decorar as súas casas para facer entre todos, concello e veciñanza, un Dodro máis iluminado este Nadal. 🕯️







Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies