Noticias e alertas

Este pasado sábado fixemos entrega do Minipremio para primaria e ESO e o...

15/12/2025

Este pasado sábado fixemos entrega do Minipremio para primaria e ESO e o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.



Nun salón de actos ateigado de público e coa coordinadora do premio, Silvia Penas, como conductora do acto contamos coa presencia do alcalde, Xabier Castro, e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.



No Minipremio concurso literario “das viaxes e dos soños” recibiron os galardóns Sara Cascallar Novoa, na categoría de educación primaria, polo relato “Máis alá das estrelas”. O xurado destacou a “mensaxe inspiradora que convida ao cambio para o benestar social”.



No apartado de ESO a gañadora foi XulIa Otero Blanco polo vídeo poema “Efémera” da que se destaca “o debuxo dun tempo fráxil e un futuro incerto, o valor de esa emoción e a forza visual da mensaxe”.



O XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi entregado á obra “Upupú” que fora presentada baixo o lema “A ditadura da bubela” por Inés Mosquera. O xurado destacou que a obra fora construída “ cun poema e o corpo dun animal, unha poética concibida desde a linguaxe do animal, coa súa mesma axilidade e instinto”.



A autora dixo ao recibir o galardón que “Son moi feliz e moi agradecida de estar aquí hoxe e de formar parte de ese grupo de autores e autoras que participan desa lembranza colectiva da figura de Eusebio Lorenzo Baleirón e quero agradecer o traballo de todos os que fan posible que siga convocándose ano a ano”.







































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies