26/12/2025
O concello de Dodro apela á responsabilidade da cidadanía.
Hai uns días o concello habilitaba unha serie de espazos para depositar os restos de poda e residuos vexetais que serían posteriormente xestionados. O concello dispón tamén dun punto limpo móbil do que regularmente se informa da súa ubicación.
Pese a estes servizos municipais séguense deixando todo tipo de lixo nos contedores verdes. O PAPEL e os ENVASES teñen os seus propios contedores e un proceso de reciclaxe DISTINTO ao do lixo que vai ao contedor verde.
Mesturar todo complica a xestión e tratamento do lixo aumentando o custo que paga o concello e, en consecuencia, facendo que sexa aínda máis deficitario.
A SEPARACIÓN e a reciclaxe, ademais do coidado do que temos, é unha tarefa comunal. É responsabilidade de todos e de cada un a limpeza do concello e o bo uso dos servizos que pagamos entre todos.
Pregamos á veciñanza que faga bo uso dos servizos e colabore a ter un concello de Dodro que recicle cada vez máis e mellor e no que a limpeza sexa exemplar.



Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies