Noticias e alertas

✅ O goberno saca adiante propostas clave para Dodro

30/12/2025

✅ O goberno saca adiante propostas clave para Dodro



No Pleno extraordinario de este luns, o goberno municipal conseguiu os apoios necesarios para aprobar o POS Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios e a segunda fase do POS Adicional 4/2025.



A primeira de estas partidas destinarase principalmente a cubrir a parte da achega municipal ao servizo de axuda no fogar de atencións de carácter básico na modalidade dependencia.



👉 Este punto aprobouse cos votos a favor de PSOE, PP, UVD e BNG. Xente de Dodro foi o único grupo que votou en contra dunha decisión que beneficia obxectivamente á veciñanza.



No segundo punto PSOE e UVD votaron a favor mentres que BNG e PP abstivéronse. Con esta partida afrontaranse diversas actuacións de mellora en infraestruturas municipais, entre elas a Mellora da Rúa Nova en Bexo e do Acceso norte de Pexegueiro, a actuación na Rúa As Barreiras (Revixós) e a Mellora do viario de acceso a Bustelo.



👉 De novo Xente de Dodro votou en contra de destinar esta partida ás mencionadas melloras. Desde o goberno laméntase que este grupo se opoña a medidas que reforzan a atención social e o apoio ás persoas máis vulnerables e melloran infraestruturas e comunicacións en distintos lugares do concello.



Desde o goberno local seguiremos traballando con responsabilidade, diálogo e compromiso con Dodro fronte a grupos que apostan polo bloqueo.



#Dodro #PlenoDodro #GobernoResponsable #PolíticaÚtil



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies