13/01/2026
O concello de Dodro informa 🏛️
Apertura do Programa Integrado de Emprego 2025–2026 do Concello de Dodro
O pasado venres, o Auditorio de Padrón acolleu a inauguración da edición 2025–2026 do Programa Integrado de Emprego, no que participan os Concellos de Dodro, Padrón, Pontecesures, Valga, Catoira e Rois.
No acto estiveron o alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro; o alcalde de Padrón, Anxo Rei; a alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino; o alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño; e o alcalde de Rois, Ramón Tojo.
Nesta nova edición participan 100 persoas desempregadas, que recibirán formación en industria alimentaria, hostalería e turismo, sevizos socioculturais e á comunidade, sociosanitario, administración e xestión, comercio e marketing, sector metal, téxtil e formación complementaria transversal. O obxectivo é acadar, como mínimo, unha inserción laboral do 37%.
As persoas beneficiarias do Programa terán dereito a unha bolsa de 10 € por día de asistencia ás accións que realicen nel e haberá medidas tendentes a facilitar a conciliación coa vida familiar e laboral:
- Atención personalizada e ampla dispoñibilidade do persoal técnico para consultas ou outro tipo de información.
- Flexibilidade horaria e consensuada cos participantes nas accións de información, orientación e asesoramento.
- Adaptación dos horarios das accións do programa aos horario dos servizos educativos e de atención á dependencia do territorio.
- Horario continuo das accións formativas e diversificación horaria, valorando a opinión dos participantes
- Oferta de accións formativa na modalidade on line ou mixta e posibilidade de realizar accións de información e asesoramento utilizando as novas tecnoloxías para a comunicación.
O programa iniciou as súas actividades no mes de xaneiro, unha vez finalizado o proceso de selección das persoas participantes, e prolongarase ata outubro de 2026. Está cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servicio Público de Empleo Estatal con 220.000 euros.
O Programa Integrado de Emprego constitúe unha das ferramentas máis efectivas de políticas activas de emprego desenvolvidas polos concellos implicados.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies