15/01/2026
O concello de Dodro informa 🏛️
O Concello de Dodro comezará a distribuír entre a veciñanza e as entidades municipais o calendario institucional do ano 2026 durante a segunda quincena do mes de xaneiro.
Logo dos traballos de deseño e edición e das correspondentes revisións, o material gráfico atópase no seu proceso de produción.
Tan axiña como a empresa responsable das tarefas deposite nas instalacións municipais o conxunto de exemplares da publicación o Concello de Dodro comunicará á poboación, a través das redes sociais e lista de difusión de whatsapp , que xa se poden obter os calendarios nos distintos servizos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Departamento de Servizos Sociais e Departamento de Deportes).
Grazas á veciñanza pola colaboración e o interese
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies