11/02/2026
O concello de Dodro foi un dos premiados na Gala Anual da Federación Galega de Montañismo, un recoñecemento a súa labor como organizador dunha das probas da Liga de Andainas 2025. ⛰️
A Gala tivo lugar este pasado venres no Auditorio Municipal do concello de Chantada. O evento reuniu a deportistas e institucións que destacaron polos seus méritos como deportistas ou colaboradores da Federación. 🏅
O concello de Dodro organizou o pasado mes de maio, en colaboración co colectivo Remonte, a V Andaina Nocturna Bisbarra do Sar que forma parte da Liga Galega de Andainas e que cada ano acolle a máis participantes. 🚶
A Federación Galega de Montañismo outorgou recoñecementos a todos os concellos que forman parte da Liga de Andainas. Ademais de Dodro na bisbarra tamén foron premiados Rois, Padrón ou Brión entre outros. 📜
Deixamos o listado de premiados na Gala da Federación de Montañismo de Galicia.
https://fedgalmon.gal/gala-de-montanismo-da-fgm-2026-listado-de-premiados/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies