16/02/2026
O pasado sábado, 55 veciños e veciñas de Dodro participaron nunha animada saída aos tradicionais Carnavais de Laza e Xinzo de Limia.
O bo tempo acompañou durante toda a xornada, permitindo que o grupo gozase ao máximo dunha das festas máis emblemáticas de Galicia. En Laza puideron ver aos peliqueiros, mentres que en Xinzo non faltaron as pantallas, figuras imprescindibles destes entroidos históricos.
Antes de mergullarse no ambiente festivo, as persoas asistentes desfrutaron tamén dun merecido cocido, compartindo mesa e bos momentos nunha xornada marcada pola convivencia e a ledicia.
Velaí unhas fotos que recollen algúns dos mellores instantes do día.










Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies