24/02/2026
📢 Comunicado do Concello de Dodro sobre o canon de residuos 2025
O Concello recibiu notificación de Sogama na que se indica que en 2025 non se cumpriron os requisitos esixidos para aplicar o canon reducido na xestión de residuos.
Segundo os datos oficiais:
▪️ A fracción resto incrementouse nun 0,38% respecto a 2024.
▪️ A recollida no contedor amarelo diminuíu nun 1,23%.
▪️ Non houbo rexistro de recollida de biorresiduos.
Como consecuencia, aplicarase o canon xeral (108 €/tonelada), o que supón un custo adicional de 9.104,29 € máis IVE para o Concello
♻️ Desde o Concello facemos un chamamento á colaboración veciñal para mellorar a separación de residuos, incrementar a reciclaxe e reducir así o impacto económico e ambiental.
Seguiremos traballando para mellorar os resultados nos próximos exercicios
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies