Noticias e alertas

No mes de febreiro o Concello de Dodro acolleu o Proxecto...

28/02/2026

No mes de febreiro o Concello de Dodro acolleu o Proxecto Incendios/Contralumes. Exposición Internacional de Arte Postal. ✉️



Trátase dunha iniciativa impulsada polo artista Lois Gil Magariños, cuxa finalidade é sensibilizar á poboación sobre a necesidade de previr os lumes forestais así como do uso, aproveitamento e coidado dos nosos montes, especialmente, nun contexto de cambio climático.



O proxecto incluíu unha mostra artística no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de máis dun milleiro de postais sobre a temática referida, con artistas e entidades de 24 países do mundo.

En paralelo á mostra, en colaboración coa área municipal de Cultura, realizáronse diversas actividades pedagóxicas conducidas por Lois Gil Magariños. Axentes e persoal da brigada do Distrito Forestal IV da Xunta de Galicia e da EPAIF, Equipos de Planificación e Análise de Incendios Forestais, dependentes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico participaron na programación. 🔥



Durante varias xornadas, este conxunto de profesionais facilitaron unha visita guíada á mostra artística e informaron de cuestións relevantes como as especies pirófitas, prácticas e normativas que regulan o uso e coidado do monte, ao tempo que describían o seu traballo, con demostracións mediante o uso de ferramentas e vehículos específicos. 🚒



Na experiencia participaron 117 alumnas/os de Ed. Primaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, 78 alumnas/os de Ed. Infantil do CRA Dodro - Padrón e 40 persoas do Centro de Día de Dodro xunto cos equipos docentes e profesionais das distintas entidades.



A iniciativa puxo en valor a importancia da educación, da cultura, das artes, do traballo comunitario, interdisciplinar e en rede entre os distintos axentes sociais como estratexia para implicar á cidadanía no coidado e protección do monte e da natureza, combatendo tanto os lumes forestais como os distintos riscos do cambio climático que ameazan ao noso hábitat e benestar. 🧑‍🚒



O Concello de Dodro desexa agradecer ás persoas, entidades e profesionais implicadas nesta fermosa experiencia así como ao seu impulsor, Lois Gil Magariños, pola importancia e necesidade desta iniciativa e das súas aprendizaxes.



Nas imaxes aparece unha representación dos distintos/as participantes alumnado de Ed. Primaria, alumnado de Ed. Infantil e persoas do Centro de Día.















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies