Noticias e alertas

Con motivo do 8M, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón acolleu esta mañá o stand...

02/03/2026

Con motivo do 8M, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón acolleu esta mañá o stand AGRESIÓN OFF. Eu digo non á violencia sexual, unha iniciativa da Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.



A concelleira de Servizos Sociais, Teresa Batalla, visitou o stand e puido comprobar de primeira man as actividades coas que o alumnado de Primaria do centro traballou durante toda a xornada.



Esta proposta enmárcase na programación do 8M municipal e ten como obxectivo sensibilizar, previr e fomentar relacións baseadas no respecto e na igualdade desde idades temperás.















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies