Noticias e alertas

www.xunta.gal

18/03/2026

O concello de Dodro informa 🏛️



A Xunta de Galicia abre prazo para a solicitude de axudas destinadas ós gastos ocasionados como consecuencia de obras realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título. Tamén serán obxecto de estas axudas a adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.



Poden beneficiarse de estas subvencións as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.



O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día de mañá. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación que foi hoxe 18 de marzo.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.



Máis información

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies