Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️O Programa integrado de emprego do Concello de...

23/03/2026

O concello de Dodro informa 🏛️



O Programa integrado de emprego do Concello de Dodro 2025/2026 continúa avanzando no seu obxectivo de mellorar a empregabilidade das 100 persoas participantes.

Trátase dun programa promovido polo Concello de Dodro en colaboración cos concellos de Catoira, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga, e cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servicio Público de Emprego Estatal con 220.000 euros. Entre as accións que se desenvolven inclúense formación, orientación e intermediación laboral.



Durante os meses de xaneiro a marzo o alumnado do programa participou en diversas accións formativas como Igualdade, Monitor/a de comedor escolar, Manexo de carretilla elevadora, Operacións de ponte guindastre, Trámites online coa administración, Monitor/a de tempo libre.



Algúns dos cursos máis demandados foron os de Carretilla elevadora, cunha duración de 30 horas e Operacións con ponte guindastre, de 25 horas. Ambas accións formativas tiveron lugar na aula de formación do Concello de Pontecesures, onde se impartiu a parte teórica, e nunha empresa da comarca, onde o alumnado realizou as prácticas.



Estas dúas formacións constitúen requisitos imprescindibles para poder exercer como carretilleira/o e operador/a de ponte guindastre, ocupacións cunha elevada demanda tanto no sector loxístico como noutros sectores produtivos con forte presenza no ámbito territorial do programa.







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies