Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️ AVISO Á VECIÑANZALémbrase ás persoas...

01/04/2026

O concello de Dodro informa 🏛️



AVISO Á VECIÑANZA

Lémbrase ás persoas propietarias de terreos e ás entidades responsables de infraestruturas a obriga de manter limpas as parcelas e xestionar a biomasa forestal nunha franxa de 50 metros arredor de zonas urbanas, núcleos rurais, solo urbanizable e diversas instalacións situadas a 400 metros do monte, así como arredor de edificacións illadas en solo rústico, e establécese con carácter xeral que nesta franxa non se permite a presenza de especies como piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, xesta, fento, silva ou toxo.



Ademáis, de acordo coa normativa vixente,

DEBEN MANTER AS SÚAS FINCAS LIMPAS E DESBROZADAS

ANTES DO 31 DE MAIO 📆



Esta medida é fundamental para: 🚒

• Previr incendios forestais

• Garantir a seguridade das persoas e bens

• Manter o bo estado ambiental do noso entorno



O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á adopción das medidas legais correspondentes, incluídas sancións de ata 3.000€. Pregamos a colaboración de toda a veciñanza para contribuír a un Dodro máis seguro e coidado. Grazas pola súa colaboración.







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies