09/04/2026
O 23 de abril celébrase o Día do Libro e do Dereito do Autor e no concello de Dodro o celebraremos, un ano máis, dun xeito especial. 📚
Trátase dunha data simbólica na que faleceron destacados escritores como Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Foi escollida pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) co fin de fomentar a lectura, recoñecer a figura do/a autor/a e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país. 📕
O Concello de Dodro quere compartir esta celebración con toda a poboación mediante iniciativas que faciliten o acceso da cidadanía aos libros e ao desfrute da lectura.
Baixo a premisa de que calquera lugar ou escenario é bo para acompañarse e desfrutar dun libro, e polo tanto dunha boa lectura, o concello organiza e promove "CAFÉLIBROS". 📖
Un proxecto de colaboración cos locais hostaleiros mediante o que a Biblioteca Pública Municipal de Dodro cede en préstamo a cada establecemento, durante os meses de abril e maio, unha escolma de lecturas en galego e castelán, de xénero e temática variada e para distintas idades. 📒
A persoa titular do local só se ten que responsabilizar da custodia e bo trato dos libros durante este período, no cal poderá ofertar a súa clientela, ademais dos produtos habituais, unhas lecturas interesantes e atractivas coas que acompañar a consumición.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies