Noticias y alertas

O concello de Dodro denuncia o roubo dunha oliveira plantada con motivo do Día Internacional da Muller no paseo das estrela situ...

10/04/2026

O concello de Dodro denuncia o roubo dunha oliveira plantada con motivo do Día Internacional da Muller no paseo das estrela situado ao carón do concello.



Dodro creo hai un ano un espazo destinado aos homenaxes do Día Internacional da Muller. Este ano colocáronse placas que lembran a varias asociacións que traballan no concello: Amipa, Andaina Prosaúde Mental, CIM Terras de Iria e Club Deportivo Dodro.



Xunto a esas placas colocáronse uha serie de plantas e árbores para que foran crecendo ano a ano. Unha delas, unha oliveira, foi roubada en días pasados. Desde o concello quere denunciarse o que se considera un feito ruín. O valor económico é mínimo pero o sentimental e enorme e non se entende ese comportamento.



Apelamos a moral da veciñanza para que condene este tipo de feitos. O coidado dos bens públicos, a preservación dos espazos de memoria é un traballo de todos. Todos nos beneficiamos do esforzo das persoas e asociacións que son homenaxeadas no paseo das estrelas, destruír ou roubar o que alí hai e roubarnos a todos.



Desde o goberno municipal sábese que son excepcións e que á maioría da veciñanza non se lle ocorrería facer algo así. Damos as grazas á xente de bo corazón e condenados estes feitos con toda a rotundidade posible.



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies