Noticias e alertas

Mañá xoves 16 de abril a 3ª etapa da proba ciclista "O Gran Camiño" pasará por...

15/04/2026

Mañá xoves 16 de abril a 3ª etapa da proba ciclista "O Gran Camiño" pasará por Dodro.



Publicamos o percorrido e a información da proba para poñelo en coñecemento da veciñanza e que poidan desfrutar do evento deportivo. 🚴🚴🚴🚴🚴



Aconsellamos tamén extremar as precaucións e prestar atención aos seguintes horarios ⌚ Está previsto un paso polo Treito en torno as 16.20 horas.

Volverá a entrar no termo municipal de Dodro sobre as 16.42 h percorrendo a DP-3302 desde Pexegueiro ata Tarrío, onde se incorporará a estrada AC-305 dirección Padrón para logo enlazar coa AC-307 por Lestrobe en dirección Padrón.



Desde o Concello de Dodro solicitamos a colaboración da veciñanza nos cortes de tráfico e indicacións da organización e do persoal das agrupacións de Garda Civil de Tráfico que velan pola seguridade. 🚲🚲🚲🚲🚲











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies