27/04/2026
Este sábado 25 de abril comezou o “Programa de Sendeirismo 2026” do Concello de Dodro. 🚶🚶🚶
A primeira das 4 rutas foi a Senda do Río Avia PRG-76 con saída desde Pazos de Arenteiro, no Concello de Boborás. O trazado atravesa un bosque onde se atopan as ruínas da desaparecida poboación de Viñoa. 🛤️
En Lebosende a ruta descende cara a Leiro por unha antiga calzada empedrada e diríxese ó río Avia, cruzando á marxe esquerda pola Ponte das Poldras. O camiño prosigue por bosques de ribeira e amplos viñedos. Finaliza xunto á Praia da Veronza de Ribadavia. 🏞
Un total de 16 quilómetros dun percorrido cun perfil de elevación baixo. Onde as persoas participantes puideron desfrutar dunha ruta fermosa.
Con bo sabor de boca poñemos a vista na seguinte. Será o 9 de maio no Concello de Guitiriz para percorrer a Ruta da Auga PR-G 99. 🥾







Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies