Noticias y alertas

Hoxe entregamos o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía 2025, nun acto...

23/05/2026

Hoxe entregamos o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía 2025, nun acto celebrado no CPI que leva o nome do insigne autor.



Participaron no acto Silvia Penas, coordinadora do certame; Inés Mosquera Calvo, autora e Manuel Martinez da editorial Chan da Pólvora, ademais do alcalde de Dodro, Xabier Castro e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.



A obra foi elixida entre corenta e dúas candidatas presentadas. O xurado estivo composto polas poetas María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro.



Na acta o xurado destacou da obra a referencia ao paxaro Upupú que “soa ao longo dos poemas como unha oración, e álzase por riba de todo: da dor, da enfermidade, da vergonza. Dividido en cinco partes: Lingua de xirín, Ás de pardal, A vergonza de amá, Bubela e a Ditadura da bubela. O poemario contén diversas citas de poetas (case todas mulleres) que acompañan no niño que a muller/paxaro artella, un voo preciso”.



A gañadora do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Inés Mosquera Calvo, naceu en Carcacía (Padrón), en 1992. Graduada en Educación Primaria especializada na docencia de linguas estranxeiras e cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como tradutora.

Iniciou a súa traxectoria no ámbito da creación poética no ano 2022, coa publicación de Papulas Amarelas (Medulia Editorial). No 2023, saíu do prelo o segundo libro de poemas, Nonmesquezas. En paralelo, foron publicándose outros textos poéticos en volumes colaborativos como Dorna ou Domingo das Mozas.



























Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies