26/05/2026
O vindeiro venres 5 de xuño presentaremos o libro “A caligrafía das espigas” de Carlos Negro. O autor é Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de lingua e literatura galega. 📖
Carlos Negro di da “A caligrafía das espigas” que “Aínda que na orixe do texto resulta ineludible a experiencia da morte, o libro invoca unha resurrección, maniféstase como ofrenda e trata de ser un ensalmo para que a voz se abra á marabilla, a un asombro que entra polos cinco sentidos e que fai do universo unha algarabía onde conviven merlos e burros no mesmo trazo". 📚
A presentación terá lugar na Casa da Cultura de Dodro, en Tallós, ás oito da tarde. Con entrada libre ata completar aforo. 🏫
Carlos Negro recibiu en xuño do 2018 o premio Jules Verne de literatura xuvenil con “Aplicación instantánea”. O xurado destacou da obra que "ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis ca nunca a poesía”. 🖊️
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies