28/05/2026
O sábado 23 de maio o grupo do Programa de Sendeirismo 2026 do Concello de Dodro desprazouse ó Concello de Covelo (Pontevedra) para realizar a Ruta do Xabriña PR-G 119. 🛤️
De formato circular e con punto de saída en Paraños combina con perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico da contorna. ᨒ↟ 𖠰
👣Camiñando atópanse as fermosas ribeiras do río, fragas, prados, levadas, pontes e pasos, vellos camiños, fontes e lavadoiros, petos de ánimas, cruces e cruceiros, forxas, eiras e lagares da cera e os muíños.
Sen dúbida que se trata dunha magnífica ruta que as persoas participantes no programa desfrutaron ó máximo, pero agora poñemos a mirada na seguinte. Que será o 13 de xuño en Arzúa para coñecer o Roteiro da Fervenza das Hortas PR-G 169. 🏞










Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies