05/06/2026
Lembrade que temos hoxe temos a presentación do libro “A caligrafía da espigas” de Carlos Negro.
A cita será as oito da tarde na Casa da Cultura e o autor estará acompañado polo profesor e crítico Manuel Lorenzo Baleirón.
Ademais mañá sábado un espectáculo musical con algúns dos mellores músicos tradicionais que un pode atopar por Galicia adiante.
Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Pablo Fernández, gaiteiro da Aldán, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; ustavo Couto (voz e tambor), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Iago Camaño (acordeón), graduado en acordeón polo Conservatorio de Música de Pontevedra, Cristina Cotilla (bombo e voz), formada na escola do OCT Ultreia e en percusión clásica no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, e Andrea Cabanas (voz) 🎶
Unha cita familiar que forma parte da rede de Cultura da Deputación da Coruña 🔊
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies