Noticias e alertas

O pasado venres conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente, con ese motivo...

08/06/2026

O pasado venres conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente, con ese motivo SOGAMA ven de poñer en marcha a campaña online “Cero escusas”.



🌏 Co lema “Cero escusas”, preténdse converter as escusas máis habituais para non separar os residuos en oportunidades para fomentar a acción, traballando no concepto de corresponsabilidade.



A través dunha serie de personaxes, como recurso narrativo e visual, reforzase a proximidade das mensaxes, que conflúen nun obxectivo común: “A Galicia que queres comeza en ti”. 🚮



♻️ Entre todos podemos desmontar cada un dos pretextos máis habituais para non participar na reciclaxe: “Non teño sitio na casa”; “Para que vou separar se logo o mesturan todo”; “Non sei onde debe ir cada residuo”; “Non teño tempo”; “Xa pago impostos para que separen as plantas”; ou “Xero pouco lixo e non ten sentido que separe”, entre outros.



Toda a información a tedes en https://www.sogama.gal/cero-escusas/







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies