10/06/2026
📢 EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS ORGANIZADA POLO CONCELLO DE DODRO
O Concello de Dodro organiza unha excursión á Illa de Ons.
👥 Persoas destinatarias:
A actividade está dirixida prioritariamente ás persoas empadroadas no Concello de Dodro.
💰 Actividade gratuíta
Inclúe:
🚌 Autobús
⛴️ Barco
🥾 Ruta guiada
A comida e bebida correrán por conta de cada participante.
🕘 Horario:
Saída ás 9:30 horas do Concello.
Regreso ás 21:00 horas ao mesmo punto.
📝 Inscricións: DO 11 AO 15 DE XUÑO.
Deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
⚠️ Importante:
Cada persoa adulta poderá inscribir como máximo a outra persoa adulta, así como aos seus fillos/as ou netos/as menores de idade, sempre que estean empadroados no Concello de Dodro.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies