Noticias e alertas

Este sábado 13 de xuño realizamos a última ruta do Programa de Sendeirismo 2026...

15/06/2026

Este sábado 13 de xuño realizamos a última ruta do Programa de Sendeirismo 2026 do Concello de Dodro. Foi a quenda da PRG-121 Ruta dos Tres Ríos no Concello de Touro. 🥾



Desde Ponte Basebe, lugar onde se unen os municipios de Touro e Vila de Cruces, percorre a carón dos ríos Ulla, Beseño e Lañas ata a área recreativa de Santaia. Desde alí continuamos ata Fonte Díaz. 🌄



Hai varios muíños, como o da Carballa e o de Santaia, bosques autóctonos, presas e a Fervenza do Salto das Pombas. Con zonas técnicas, escaleiras e pasarelas de madeira que elevan a dificultade pero que a fan fermosa.



Ata aquí esta edición que nos levou a coñecer rutas nas 4 provincias galegas, que nos permitiu ver lugares fantásticos e conectar coa natureza e patrimonio da man da actividade física saudable. ⛰️



As persoas son o motor fundamental detrás de todo o que existe na sociedade. Este tipo de actividades brindan a posibilidade de compartir momentos, experiencias e coñecer as persoas. Grazas de corazón a todas e todos por facer realidade este programa. Poñemos o foco en traballar no seguinte ❤️































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies