Noticias e alertas

Esta mañá o alcalde de Dodro, Xabier Castro, participou na presentación da edición 2026 do Festival Atlántica de Narración Oral

15/06/2026

Esta mañá o alcalde de Dodro, Xabier Castro, participou na presentación da edición 2026 do Festival Atlántica de Narración Oral. Un festival que pasará por 33 vilas, con 50 artistas e máis de 75 funcións. 🗣️



En Dodro as funcións están programadas para os días 3 e 4 de xullo ás nove da noite.



O día 3 co espectáculo “Donas do lugar” na Eira da Malla de Bexo. A voz e a narración a porá María da Pontragha, educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.



O día 4 a cita será no Pozo de Concheiro, ou do Liño, en Eiro co espectáculo “Historias raianas”. Para contarnos esas historias chega desde Huelva Orene Reina, narradora oral, cantante, dramaturga, actriz e investigadora da tradición oral. A súa práctica artística sitúase no cruzamento entre a narración oral, a música e a investigación, a dá lugar a espectáculos que parten de repertorios populares, romances e cantos tradicionais, traballados a partir de documentación académica e traballo de campo. Ademais, realiza un importante labor como programadora cultural, xa que é responsable da coordinación de ciclos de narración oral na Fundación Cajasol, así como formadora en obradoiros de narración oral e creación.



Un ano máis Dodro desfrutará do Festival Atlántica e das historias contadas de viva voz polas mellores narradoras. Ide anotando!!



Toda a información na web do Festival Atlántica https://festivalatlantica.gal/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies