Noticias e alertas

Este sábado 20 de xuño será o XX Día da Bici do Concello de Dodro

19/06/2026

Este sábado 20 de xuño será o XX Día da Bici do Concello de Dodro. Convidamos a participar a todas aquelas persoas que gusten de montar en bicicleta e animamos tamén a iniciarse en esta actividade deportiva. 🚲🚲🚲



Solicitamos ademais a colaboración da veciñanza para extremar as precaucións durante o tempo que dura a marcha cicloturística. Evitar que os cans estean ceibos, non estacionar vehículos obstaculizando o circuíto e prestar atención ás indicacións do persoal de protección civil ou persoal auxiliar habilitado. 🚴‍♂️🚴‍♂️🚴‍♂️



A ruta comezará ás 11.15 horas e seguirá o seguinte itinerario:



• 🚴‍♀️🚴‍♀️🚴‍♀️ Reboiras, Eiró, Tallós, Vigo, Dodriño, Revixós, as Brañas, Imo, Rial de Lagoa, Tarrío e Tallós.



Publicamos o percorrido para coñecemento da veciñanza. 🗺️



Agradecemos de antemán a colaboración e a comprensión. 💗



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies