20/06/2026
👨👩👧👦❤️ Compartimos esta fermosa actividade desenvolvida no CRA Dodro-Padrón, na que participou Sandra, Axente de Igualdade do Concello de Dodro, xunto con Vanesa do CIM Terras do Iria.
A través do conto "Familias cheas de amor", o alumnado puido achegarse á diversidade familiar, compartir as súas propias experiencias e reflexionar sobre a importancia do respecto, da convivencia e da aceptación de todas as familias.
Seguimos traballando para promover valores de igualdade, diversidade e inclusión dende as primeiras idades, contribuíndo á construción dunha sociedade máis xusta e respectuosa con todas as realidades.
#Igualdade #Diversidade #DodroConOrgullo #28Xuño #OrgulloLGTBIQ #Dodro #DeputaciónDaCoruña Cultura da Deputación da Coruña @depucoruna
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies