20/06/2026
🌈 DODRO con ORGULLO
O pasado 16 de xuño a Casa da Cultura de Dodro converteuse nun espazo de encontro e diálogo arredor da diversidade, das familias e da identidade de xénero, dentro da programación do Mes do Orgullo 2026.
A actividade contou cunha moi boa acollida por parte da veciñanza e permitiu compartir reflexións, experiencias e diferentes puntos de vista nun ambiente de respecto, participación e escoita.
Falamos da importancia de construír unha sociedade na que todas as persoas poidan vivir con liberdade e dignidade, recoñecendo a diversidade como un valor que nos enriquece como comunidade.
Porque as transformacións sociais constrúense entre todas e todos.
Porque Dodro é diverso.
Porque Dodro é orgullo. 🌈
#DodroConOrgullo #28Xuño #OrgulloLGTBIQ #Dodro #Diversidade #Igualdade #seresentir #DeputaciónDaCoruña @depucoruna @culturadadeputaciondacoruna


Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies