Noticias y alertas

🏀 O pasado xoves remataron as Escolas Deportivas Municipais 2025/2026. O...

21/06/2026

🏀 O pasado xoves remataron as Escolas Deportivas Municipais 2025/2026. O celebramos realizando unhas exhibicións no Pavillón Polideportivo Municipal para mostrar un anaco do traballo que as persoas usuarias de este servizo fan ó longo do curso. ⚽



🤸‍♂️ Foi unha tarde para reivindicar a importancia das Escolas Deportivas Municipais, que garanten o acceso a actividade física segura e controlada, fomentan hábitos de vida saudable e preveñen o sedentarismo. 🏃



🥅 Non cabe dúbida de que son beneficiosas para o desenvolvemento físico e mental, a educación en valores e a inclusión e cohesión social. Por iso son un dos piares fundamentais da programación deportiva anual do Concello de Dodro. 💪



🏆 Agradecemos a constancia das familias e persoas usuarias do servizo e a dedicación d@s monitores que imparten as actividades. 🥇



A todos GRAZAS !!!







































Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies