Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

22/06/2026

O concello de Dodro informa 🏛️



🔥 Ante as altas temperaturas de estes días e a previsión para mañá día 23, xornada na que se celebran as Cacharelas de San Xoán, o Concello de Dodro lembra ás persoas solicitantes de permisos a necesidade de extremar as medidas de prevención e cumprir estritamente as condicións recollidas nas instrucións municipais xa publicadas.



De xeito especial, aconsellamos as persoas responsables das cacharelas a

REDUCIR AO MÍNIMO IMPRESCINDIBLE O SEU TAMAÑO.



🔥 Por razóns preventivas e de seguridade, aplicar nas zonas rurais as dimensións máis restritivas previstas para o solo urbano ou núcleo rural, de xeito que O VOLUME DO COMBUSTIBLE NON EXCEDA OS 2 METROS DE DIÁMETRO, 6 METROS DE PERÍMETRO, NIN 1 METRO DE ALTURA.



🔥 RECOMENDAMOS empregar unicamente leña limpa, seca e compacta, preferentemente troncos, ou madeira maciza sen tratar. Non deberán empregarse madeiras tratadas, pintadas, vernizadas, lacadas, aglomerados, taboleiros, palés tratados ou calquera outro material que poida conter produtos químicos, adhesivos, pinturas, ou similares.



🔥 Co fin de evitar a propagación do lume por faíscas ou pavesas incandescentes, non deberán empregarse materiais lixeiros, secos ou de combustión rápida que poidan desprenderse coa calor e ser desprazados polo vento.



🔥 DEBERÁ EVITARSE ESPECIALMENTE O EMPREGO DE RAMAS CON FOLLA, RESTOS DE PODA FINA, MATOGUEIRA, HERBA SECA, FOLLAS SECAS, PAPEIS, CARTÓNS, CORTIZAS SOLTAS OU OUTROS MATERIAIS SEMELLANTES, por incrementaren o risco de propagación do lume.



AS CACHARELAS PODERÁN SER SUSPENDIDAS OU REVOGADAS SE A EVOLUCIÓN DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS, O RISCO DE INCENDIO OU AS INDICACIÓNS DAS AUTORIDADES COMPETENTES ASÍ O ACONSELLAN.

DODRO, 22 de xuño de 2026



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies