Noticias e alertas

Onte deu comezo a Escola de Verán, dentro do Programa Corresponsables, que se...

23/06/2026

Onte deu comezo a Escola de Verán, dentro do Programa Corresponsables, que se prolongará ata o vindeiro 4 de setembro, co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, así como impulsar modelos corresponsables e igualitarios entre a veciñanza de Dodro.



Esta actividade, cofinanciada polo Concello de Dodro, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España, ofrece unha ampla variedade de actividades das que gozarán ao longo do verán máis de 60 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.



A Escola de Verán desenvólvese nas instalacións do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, converténdose nun espazo de lecer, aprendizaxe e convivencia para a infancia do municipio durante o período estival.



Deixamos algunhas imaxes da escola do verán 2025



















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies