@atlantica🗣️ Esta semana chega a Dodro o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, un evento que cada ano faios lembrara a importancia da tradición oral e o desfrute que supón unha historia ben contada,
📜 En Dodro as funcións están programadas para os vindeiros venres e sábado ás nove da noite, en dous lugares moi especiais que son parte do noso patrimonio.
Tamén haberá unha sesión para os máis cativos o xoves 2 de xullo, ás 11.00 h. no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón coa proposta para o público infantil da escola de verán a cargo da contadora Raquel Queizás co seu espectáculo Travesías.
🪔 O venres co espectáculo “Donas do lugar” na Eira da Malla de Bexo. A voz e a narración a porá María da Pontragha, educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si.
No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.
🕯️ O día 4 a cita será no Pozo de Concheiro, ou do Liño, en Eiro co espectáculo “Historias raianas”. Para contarnos esas historias chega desde Huelva Orene Reina, narradora oral, cantante, dramaturga, actriz e investigadora da tradición oral.
A súa práctica artística sitúase no cruzamento entre a narración oral, a música e a investigación, espectáculos que parten de repertorios populares, romances e cantos tradicionais, traballados a partir de documentación académica e traballo de campo. Ademais, realiza un importante labor como programadora cultural, xa que é responsable da coordinación de ciclos de narración oral na Fundación Cajasol, así como formadora en obradoiros de narración oral e creación.
📅 Un ano máis Dodro desfrutará do Festival Atlántica e das historias contadas de viva voz polas mellores narradoras. Esperámosvos!!
Máis información na web do Festival Atlántica https://festivalatlantica.gal/
#festivalatlantica Festival Atlántica Cultura da Deputación da Coruña