Noticias y alertas

Actuacións de fin de quenda na Escola de Verán. ☀️🎭 Os nenos e nenas prepararon unha fermosa sorpresa para as familias,...

01/07/2026

Actuacións de fin de quenda na Escola de Verán. ☀️🎭
Os nenos e nenas prepararon unha fermosa sorpresa para as familias, deleitándoas con cancións, bailes e un divertido mini partido de fútbol no que incluso algunha mamá se animou a participar. Unha xornada chea de sorrisos, ilusión e bos momentos para despedir esta quenda da mellor maneira. 💙⚽🎶
Queremos destacar, ademais, que a Escola de Verán de Dodro é totalmente gratuíta para as familias participantes, sendo Dodro o único concello da comarca que non cobra ningunha taxa por este servizo. Un compromiso coas familias e coa conciliación que permite que todos os nenos e nenas poidan gozar dun verán cheo de actividades, aprendizaxe e diversión.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies