@atlantica🗣️ Hoxe chega a Dodro o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, un evento que cada ano faios lembrara a importancia da tradición oral e o desfrute que supón unha historia ben contada.
🪔 Esta noite a cita é as 9 co espectáculo “Donas do lugar” na Eira da Malla de Bexo. A voz e a narración a porá María da Pontragha, educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si.
No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.
📅 Un ano máis Dodro desfruta do Festival Atlántica e das historias contadas de viva voz polas mellores narradoras. Esperámosvos!!
Máis información na web do Festival Atlántica https://festivalatlantica.gal/
#festivalatlantica Festival Atlántica Cultura da Deputación da Coruña