O concello de Dodro informa 🏛️
🛣️ O concello de Dodro está atravesado polas estradas AC-305, AC-306 e AC-307 e o seu estado convérteas en perigosas para a circulación de vehículos e peóns. Estas estradas son de competencia autonómica, da Xunta de Galicia.
🚧 Por este motivo o concello ven de enviar á Axencia Galega de Infraestruturas unha carta na que solicita “Que por ese organismo se poñan os medios adecuados, coa máxima urxencia, para proceder ao acondicionamento e limpeza das beiras das estradas AC-305, AC-306 e AC-307, que discorren polo Concello de Dodro”.
🍂 O estado das estradas autonómicas é lamentable en certas zonas cun total desleixo no seu estado de conservación, que se exterioriza especialmente nas beiravías con abondosa vexetación que segue medrando.
🧹 O concello de Dodro aplica nas estradas locais un plan estable de limpeza co que mantén as vías nas mellores condicións posibles. O que se pide é o mesmo traballo desde a Xunta de Galicia.