Noticias e alertas

A escola de verán no Centro de día 👦 👧 A primeira saída de nosa Escola de Verán foi unha visita ao Centro de Día, par...

08/07/2026

A escola de verán no Centro de día
👦 👧 A primeira saída de nosa Escola de Verán foi unha visita ao Centro de Día, para realizar unha actividade interxeracional. Un xeito de compartir emocións entre os que nos precederon e os que construirán o noso futuro. 👴 👵
A xornada comezou con moitos xogos na praza e continuou coa visita ao centro. Alí, mentres o grupo dos nenos e nenas maiores conversaba e entrevistaba ás persoas maiores, no patio o grupo dos máis pequenos debuxaba mentres os avós e avoas lles ensinaban diferentes plantas e follas. 💐
Moitas grazas ao persoal do centro pola súa colaboración e acollida. Que ben o pasamos! ❤️

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies