🚐 A rapazada da Escola de Verán saiu de excursión, descubrindo algúns dos espazos municipais de Dodro.
📚 Durante a visita á Casa da Cultura coñeceron de preto a biblioteca e a aula de informática, onde puideron achegarse aos recursos e servizos que están á disposición da veciñanza.
🏛️ Posteriormente, achegáronse ao Concello, onde foron recibidos por Ramón Abuín, tenente de alcalde, e Teresa Batalla, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Alí, os nenos e nenas converteron a visita nun auténtico pleno municipal, formulando preguntas, facendo propostas e trasladando diferentes rogos aos representantes municipais.
🏟️ Unha experiencia moi enriquecedora para coñecer o funcionamento da administración local e fomentar a participación desde as idades máis temperás.
🏳️⚧️ Esta actividade, enmarcada no Plan Corresponsables, está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, polo Ministerio de Igualdade e polo Concello de Dodro.