Noticias y alertas

O concello de Dodro informa 🏛️ Unha vez máis o incivismo de algunha xente e o desprezo pola propiedade colectiva dana o...

27/07/2026

O concello de Dodro informa 🏛️
Unha vez máis o incivismo de algunha xente e o desprezo pola propiedade colectiva dana os servizos de todos. Esta fin de semana pasado tocoulle ao Punto Limpo Móbil do noso concello.
Os equipos de recollida foron literalmente apedrados deixando marcas visibles e danos de distinta consideración. Uns feitos que só teñen como finalidade o mal xa que non se saca rendemento, so se prexudica á veciñanza.
Desde o goberno municipal emprázase unha vez máis a todo o mundo a ter un mínimo de consideración polo que é de todos. Os feitos serán investigados e pídese a colaboración da veciñanza para atopar aos autores dos feitos.
Do mesmo xeito solicitamos a quen vexa actitudes de este tipo ou ataques contra o ben común que o denuncie para poder poñerlle coto a este tipo de actitudes incívicas que afectan aos bens do concello e aos seus veciños.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies