Noticias y alertas

En Dodro iluminamos o eclipse ! 🔭 Busca o teu lugar, consulta as condicións e prepárate para gozar dun acontecemento ún...

10/08/2026

En Dodro iluminamos o eclipse !
🔭 Busca o teu lugar, consulta as condicións e prepárate para gozar dun acontecemento único!
👓 Unha vez repartidas a primeira quenda de lentes para observar o eclipse! Aquelas veciñas e veciños que necesiten recoller algunha máis poderán pasar polo Concello ata o mércores, dentro do horario habitual, ata esgotar as existencias.
⚠️ Moi importante: nunca se debe mirar directamente ao Sol sen protección ocular homologada específica para a observación de eclipses.
🌒 onde se verá mellor? ☀️
O vindeiro mércores 12 de agosto de 2026 teremos a oportunidade de vivir un acontecemento astronómico excepcional: un eclipse total de Sol, que poderá observarse desde Galicia.
🗺️ No mapa que compartimos podedes consultar as zonas do Concello de Dodro nas que se prevén mellores condicións para observar o eclipse. Nas zonas escuras haberá mais dificultades para ver o sol a hora do eclipse.
🕒 A que hora poderemos velo?
Na nosa zona, o eclipse comezará aproximadamente ás 19:31 h e irá avanzando ata alcanzar o seu máximo arredor das 20:28 h. Será nese momento cando se produza a espectacular fase de totalidade, na que o Sol quedará completamente oculto durante pouco máis dun minuto. O fenómeno continuará posteriormente ata aproximadamente as 21:22 h.
🌅 Cómpre ter en conta que o eclipse se producirá co Sol xa relativamente baixo sobre o horizonte oeste, polo que será especialmente importante buscar lugares con boa visibilidade cara ao oeste e sen obstáculos.
Se queredes comprobar con maior detalle a visibilidade desde unha aldea, lugar ou punto concreto do municipio, podedes facelo no visualizador oficial de eclipses do Instituto Geográfico Nacional (IGN): https://visualizadores.ign.es/eclipses/2026
#ConcellodeDodro #Dodro #Eclipse2026 #EclipseSolar #Galicia #Astronomía @ignspain

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies