🏛️ O concello de Dodro informa
Ante a situación actual de diminución das reservas de auga e coa finalidade de garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais, o Concello considera necesario adoptar as seguintes medidas extraordinarias de aforro de auga no municipio de Dodro: 💧
1. Prohíbese o enchido total ou parcial de piscinas privadas.
2. Prohíbese o lavado de vehículos mediante mangueira ou outros sistemas que empreguen auga da rede municipal
3. Prohíbese o rego de xardíns, zonas verdes, hortas de lecer e espazos orna-mentais utilizando auga procedente da rede municipal.
4. Recoméndase á cidadanía realizar un uso responsable da auga, evitando con-sumos innecesarios e adoptando medidas de aforro no ámbito doméstico e comercial.
🚱 Estas restricións permanecerán en vigor ata que a situación de abastecemento permita a súa retirada.
A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación.