Noticias y alertas

🏛️ O concello de Dodro informa A Xunta de Galicia ven de publicar este mércores no Diario Oficial de Galicia a convoc...

20/08/2026

🏛️ O concello de Dodro informa
A Xunta de Galicia ven de publicar este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para menores de 36 anos para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, entre os que se atopa o de Dodro.
As axudas teñen un importe máximo do 20% do importe da vivenda, o do custo da autopromoción, , sen incluír os gastos e tributos inherentes, ata unha cantidade tope de 15.000 euros por vivenda. O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, así como o custo da autopromoción da vivenda será igual ou inferior a 250.000 euros.
As vivendas deberán ser destinadas a residencia habitual e permanente durante cinco anos a contar desde a adquisición ou finalización da obra no caso da autopromoción. Nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia serán propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
O prazo de solicitudes abrirase o 27 de agosto e permanecerá activo ata o 16 de novembro. Estas achegas para a adquisición son compatibles cos avais que ofrece a Xunta e cuxa convocatoria xa está aberta ata o 30 de outubro
No seguinte enlace pódese consultar a resolución íntegra
https://www.xunta.gal/…/202…/AnuncioC3Q2-110826-0002_gl.html .

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies