Noticias e alertas

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría d...

20/08/2026

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría das curandeiras’, impartido pola bióloga Tamara Roig. 🏞️
🌿 Trátase dun itinerario guíado para a identificación de plantas silvestres medicinais, inspirado na novela de Marisa Castro “A Saga das curandeiras”. Este obradoiro desenvolverase en horario de tarde, de 17.30 a 19.30 horas, con saída desde a Biblioteca Pública Municipal de Dodro. 🍃
🍁 A actividade está dirixida a un público maior de 14 anos e as súas prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deben realizar unha inscrición previa. Esta inscrición pode formalizarse, presencialmente na Casa da Cultura de Dodro ou no teléfono 981 80 24 72. 📞
📚 "Tras a sabedoría das curandeiras’ é unha actuación que se enmarca no Programa LER CONTA MOITO, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co concello de Dodro. 🏛️

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies